Sie befinden Sich nicht im Netzwerk der Universität Paderborn. Der Zugriff auf elektronische Ressourcen ist gegebenenfalls nur via VPN oder Shibboleth (DFN-AAI) möglich. mehr Informationen...
Ergebnis 25 von 137

Details

Autor(en) / Beteiligte
Titel
Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII)
Auflage
Reprint 2014
Ort / Verlag
Tübingen : Max Niemeyer Verlag
Erscheinungsjahr
[2014]
Link zum Volltext
Link zu anderen Inhalten
Beschreibungen/Notizen
  • O propósito deste traballo é contribuír ó estudio lingüístico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus está formado por documentos éditos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronolóxicamente entre os ss. VIII e XII. Fíxose necesaria a confrontación cos orixinais, dado o número de erros presentes nas edicións. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomásticas, o que supón ó redor das 18.000 ocorrencias. A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominación persoal e a súa evolución: constatouse o paso da nominación única á utilización de segundos nomes, constituídos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronímico (-iz, mod. -ez); en menor medida empregáronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocorísticos e designativos profesionais) e nomes de orixe (topónimos e étnicos). A seguir, considerouse a composición etimolóxica do material onomástico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latín (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusión da onomástica xermánica e a débil repercusión da árabe. En cada un destes capítulos inclúese información estatística que reflicte as respectivas proporcións, os nomes máis usados, a evolución cronolóxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomásticos, agrupando as variantes baixo unha única forma normalizada; o número total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclúe información etimolóxica e, de se-lo caso, fonética e histórica, así como outras posibles referencias bibliográficas. Por último, inclúese unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía
Sprache
Portugiesisch
Identifikatoren
ISBN: 9783110909432, 9783484555129
DOI: 10.1515/9783110909432
OCLC-Nummer: 979970288, 979970288
Titel-ID: 990369574380206441